INICIO

A Asociación Cultural Nois, xunto ao Concello de Foz, crean no ano 2014, na pequena parroquia de Nois o “ Festival de Música Bal Y Gay” con dúas premisas moi determinadas, por unha banda, potenciar a formación musical e instrumental en todos os niveis e por outra promocionar e compartir experiencias de gran calidade nun contorno rural onde a accesibilidade a este tipo de eventos está moi limitada.

A proposta consistirá en transformar a figura do mero espectador en usuario activo, onde o mesmo proceso de participación actúa como ferramenta para xerar identidade ao redor do evento cultural. Fomentando, así, o intercambio de experiencias culturais e dotando á pequena localidade galega de Foz dunha gran visibilidade internacional.

Este ano fundamos a Asociación Musical Xesús Bal y Gay para poder ampliar esta proposta a todas as persoas  e facelos partícipes desde dentro deste acontecemento,  Facerse socio é formar parte desta familia de melómanos que organizamos desde o altruísmo este festival de música clásica que será nestes momentos un dos máis importantes de Galicia

Con este proxecto preténdese cativar á poboación local e a todos os amantes da música de Galicia que queiran participar dunha experiencia única e diferente.

As actividades desta sexta edición serán: Un ciclo de concertos de música clásicaO Festival é froito do apoio e colaboración de distintos axentes da Comunidade Galega, tanto públicos como privados , que participan con obxecto de facilitar o acceso á música , como parte fundamental da cultura á poboación da Mariña en particular e a Galicia en xeral.

 

Concello de Foz

 

Clases maxistrais

Clases maxistrais
Impartiranse clases maxistrais tanto individuais como de cámara cos máis prestixiosos solistas nacionais e internacionais.
Para os estudantes de música é unha oportunidade única para coñecer e compartir coñecementos e experiencias cos mellores profesionais do sector. En edicións anteriores contamos con solistas das mellores orquestras do mundo como Vicente Alberola ( Malher Chamber Orchestra), Javier Martínez (Orquestra de Radio Televisión Española), Nicolás L. Naval (Orquestra Sinfónica de Galicia),Nikita Vaganov  (  Orquestra do Teatro Mariinsky de San Petersburgo), Giovanni Punzi (Orquestra Nacional de Dinamarca) ou Arno Piters ( Royal Concertgebouw Orchestra de Amsterdam).

Sempre apostando por unha aprendizaxe dinámica e personalizada confórmase como un dos cursos de maior nivel interpretativo de España.
As clases maxistrais teñen un formato aberto o que significa que calquera pode gozar da experiencia e os consellos dos grandes profesores invitados.Este ano aumentamos á especialidade de piano coa concertista e profesora Noelia Rodiles

Ciclo de concertos

Ciclo de concertos de música clásica

Un percorrido pola historia da música clásica é a principal proposta artística que nos acompaña durante o Festival. Unha viaxe onde coñecer as características e códigos de cada etapa deste marabilloso proceso evolutivo que a música nos ha dado.

Contaremos cunha coidada e estudada programación de 6 concertos diferentes e únicos onde o público poida gozar da gran diversidade que engloba o xénero da música clásica. Ofreceremos repertorio de todas as épocas, incluíndo desde o máis temperán Barroco ata composicións de Música do seculo XX, con formacións moi distintas elixidas pola súa excelencia interpretativa e pola súa longa traxectoria encima dos escenarios.

Construiremos un fío condutor moi ben ganduxado que nos fará comprender xa non só a evolución da música senón que nos axudará a entender a historia da nosa sociedade. Non hai que esquecer que a música foi sempre unha metáfora estética da historia, capaz de facer explícito a través dos sentidos os valores das propias palabras.
Para maior entendemento ofrecerase cunha charla de non máis de 20 minutos previa a todos os concertos que achegará de forma decisiva ao público destes eventos.
Os concertos desenvolveranse en varios escenarios dentro do fermoso Concello de Foz: Auditorio de Salón Baía de Foz, o Pazo do Conde de Fontao, A Basílica de San Martiño, A casa da Cultura de Foz, no Centro Social “A Saira” de Nois o no CENIMA. A experiencia de escoitar música en vivo en lugares distintos, non só atraerá a máis poboación senón que aumentase góceo da música enchéndoa de autenticidade e identidade.

Xesús Bal y Gay

Xesús Bal y Gay
O músico, musicólogo e ensaísta Xesus Bal y Gay naceu en 1905 en Lugo, onde comezou os seus estudos musicais. Trasladouse a Santiago para estudar Medicina, pero deixouno todo para acudir a Madrid, onde, en 1924, ingresou na Residencia de Estudantes onde coñece a García Lorca, Alberti cos cales lle unía unha boa amizade. Na capital coñeceu á que sería a súa muller, Rosita García Ascot, alumna de Granados e de Falla, e membro do Grupo dos oito. En 1935 trasládase a Universidade de Cambridge como lector de español, e en 1938 exíliase a México, onde comezou a súa íntima amizade con Igor Stravinsky.  Escribiu varios ensaios musicais, como os dedicados a Chopin ou Deebussy. Entre as súas transcricións de música antiga e popular cóntanse 30 cancións deLope de Vega,O cancioneiro Galego e o Cancioneiro de Upsala, editado en México. Compuxo, entre outras, Serenata para orquestra de corda (1942) , sonata para clarinete e piano (1947) Concerto Grosso en homenaxe a Juan Sebastian Bach, a súa última composición.

Si queres mais información

Acepto a politica de privacidade

PROTECCION DE DATOS: En nome da Asociación Cultural Nois tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlles o servizo solicitado, realizar a facturación do mesmo. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en Asociación Cultural Nois estamos a tratar os seus datos persoais por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios.