A Asociacion Cultural Nois xunto ao Concello de Foz crean no ano 2014, na pequena parroquia de Nois o “Festival de Musica Bal y Gay” con dúas premisas moi determinadas; por unha banda, potenciar a formación musical e instrumental a todos os niveis e por outro promocionar e compartir experiencias musicais de gran calidade nun contorno rural onde a accesibilidade a este tipo de eventos está moi limitada.

 Na cuarta edición, engadimos ademais un Concurso de clarinete con una periodicidad de carácter bianual, cuxa finalidade do evento sexa a proxección e recoñecemento do talento dos mozos clarinetistas

A proposta consistirá en transformar a figura do mero espectador en usuario activo, onde o mesmo proceso de participación actúa como ferramenta para xerar identidade ao redor da evento cultural. Fomentando, así, o intercambio de experiencias culturais e dotando a pequena localidade galega de Foz dunha gran visibilidade internacional.

Con este proxecto preténdese cativar á poboación local e a todos os amantes da música de Galicia que queiran participar dunha experiencia única e diferente

As actividades de esta quinta edición: Un ciclo de concertos de música clásica e curso de interpretación musical.

O ciclo é froito do apoio e colaboración de distintos axentes da comunidade galega, tanto públicos como privados, que participan con obxecto de facilitar o acceso da música, como parte fundamental da cultura, á poboación da Mariña en particular e a Galicia en xeral.

CONCELLO DE FOZ