Fundación Xesús Bal y Gay

A Fundación Xesús Bal y Gay nace en febreiro de 2020, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento da cultura nas súas diferentes formas de creación e expresión, e especialmente na música como vehículo de cohesión social e desenvolvemento cognitivo-emocional nunha sociedade.

O motivo e razón de ser da Fundación Xesús Bal y Gay é a democratización cultural e a oferta de programas artísticos de calidade que promovan a creación dunha forte rede cultural nas zonas máis desfavorecidas. A través da arte buscarase o desenvolvemento de sociedades máis críticas e sensibles que axuden a dinamizar a economía da zona e aumentar o benestar da poboación local.

Ser un evento cultural de referencia polo seu carácter integrador. Para iso é necesario manter a excelencia nas propostas artísticas (a través do Festival Bal y Gay), desenvolver o seu proxecto socioeducativo en máis concellos e ampliar a súa programación a expresións máis artísticas como a danza, a pintura, o teatro ou o cine.

Respecto, compromiso, liderado, excelencia, transparencia, responsabilidade, diversidade, inclusión, innovación e creatividade. Actuarase coa integridade como principio fundamental procurando o maior impacto de cada unha das actuacións a través da calidade e a optimización das capacidades e recursos. Apostarase por unha constante mellora.

Padroado da Fundación

DON ENRIQUE RODRÍGUEZ BAIXERAS, presidente
DON JOSÉ ARNAU SIERRA, vicepresidente
DON JOSÉ MANUEL ROMERO MORENO, vicepresidente
DON JOSÉ FRANCISCO RIVAS CHAVARRÍA,vogal
DOÑA MARÍA DE CIELO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, vogal
DON RAFAEL RODRÍGUEZ POSTIGO, vogal
DON ANTONIO RODRÍGUEZ BAIXERAS, vogal
DON LUIS CÁMARA PALOMARES, vogal
DON JAVIER RODRÍGUEZ PÉREZ, vogal
DOÑA ALBA RODRÍGUEZ PÉREZ, gerente Fundación (no patrona)
DON HUMBERTO TEIJEIRA ARMIDA, Secretario (no patrono)