
Sergey Khachatryan
Sergey Khachatryan, violín
Lusine Khachatryan, piano
Concerto homenaxe a Luisa Villalta. Letras Galegas
Sonata para violín e piano en la mayor César Franck
Rapsodia para violín e piano Eduard Bagdasarian
Introdución e Perpetuum Mobile E. Mirzoyan
Tzigane M.76 Maurice Ravel
Nado en Ereván, Armenia, Sergey Khachatryan gañou o primeiro premio no VIII Concurso Internacional Jean Sibelius de Helsinqui no 2000, converténdose así no gañador máis novo da historia deste concurso. En 2005 obtivo o primeiro premio no Concurso Queen Elisabeth de Bruxelas.
Esta tempada 23/24, a presenza internacional de Sergey levarao a actuar coa Dresdner Philharmonie (Emmanuel Tjeknavorian), a Orquestra Sinfónica Nacional de Corea (Oksana Lyniv), a Orquestra do Ulster (Daniele Rustioni) ou a Orchestre National de Belgique (Michael Schønwandt), ademais de dúas grandes xiras: unha extensa Xira Española coa Orquestra Nacional de Euskadi (Orquestra Euskadiko) dirixida por Stanislav Kochanovsky e a Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Andrew Litton e unha Xira Norteamericana coa Filarmónica Nacional de Armenia.
Entre o máis destacado das tempadas anteriores inclúese a residencia de Sergey coa Orquestra de Valencia, que comprendeu varios concertos dirixidos por Alexander Liebreich, incluído un proxecto de cámara, no que Sergey interpretou o famoso Dobre concerto para violín de Bach. A residencia de Sergey no BOZAR de Bruxelas, que incluíu dous recitais e un concerto coa Orquestra Nacional de Bélxica e Hugo Wolff. Volveu a ser convidado pola Orquestra Sinfónica da Radio Finlandesa, a Orquestra da Academia de Santa Cecilia, as Orquestras Filarmónicas de Róterdan e Real de Flandes e a Orquestra de Cleveland. Sergey tamén se embarcou nunha xira por Estados Unidos e Europa con Alisa Weilierstein e Inon Barnatan cun programa titulado Transfigured Nights que incluía música de Beethoven, Schoenberg e Shostakovich. Outros proxectos recentes inclúen unha xira por Xapón coa Fundación Nippon e en 2014/15 Sergey interpretou o Concerto para violín de Beethoven no Festival de Lucerna coa Filarmónica de Viena e Gustavo Dudamel como gañador do Premio Credit Suisse para Novos Artistas.
Sergey toca cun violín Guarneri do Gesu ‘Ysaÿe’ de 1740 cedido pola Nippon Music Foundation.