First prize-winners’ concert of the 18th Chopin Competition in Teatr Wielki – Polish National Opera .
On pic: Martín García García
Photo by: Wojciech Grzedzinski
Warsaw, Poland, 21st of October 2021 Martín García García
Martín García García, piano
Polonesa-Fantasía, Op. 61 en la bemol maior Frédéric Chopin
Impromptu Op. 29 No. 1 en la bemol maior Frédéric Chopin
Impromptu Op. 51 No. 3 en sol bemol maior Frédéric Chopin
Impromptu Op. 36 No. 2 en fa sostenido maior Frédéric Chopin
Fantasía-Impromptu Op. 66 en do sostenido menor Frédéric Chopin
5 Valses Frédéric Chopin
Gran Vals Brillante en mi bemol maior Op. 18
Vals en do sostenido menor Op. 64 No. 2
Vals en re bemol maior Op. 64 Nº 1 ”Vals del Minuto”
Vals en mi menor B 56 Op. Posth.
Vals en fa maior Op. 34 No. 3
*****
Variacións sobre un tema de Chopin Federico Mompou
El Polo (de Iberia, Libro III) Isaac Albéni
Lavapiés (de Iberia, Libro III) Isaac Albéniz
Martín García García é un pianista nado en Xixón, en 1996. Iniciou os seus estudos musicais de piano aos cinco anos, cos profesores Natalia Mazoun e Ilyà Goldfarb. É graduado pola Escola Superior de Música Raíña Sofía, onde estudou durante unha década coa profesora Galina Eguiazarova -recibindo de mans da raíña Dona Sofía a Mención de Alumno máis Sobresaliente da súa cátedra- e é Máster en Piano pola Mannes School of Music en Nova York.
Cultivou os premios de máxima relevancia coa súa vitoria no 2021 Cleveland International Piano Competition e o seu Terceiro posto no XVIII International Chopin Piano Competition, o concurso máis importante do panorama mundial, onde tamén foi galardoado co premio especial da Orquestra Nacional Filarmónica de Varsovia á mellor interpretación dun concerto. Así mesmo, Martín logrou o primeiro premio no International Keyboard Insititute & Festival 2018, celebrado en Nova York, que lle permitiu por entón obter a bolsa para estudar e vivir alí, mentres continuou a súa formación artística co distinguido pianista Jerome Rose.
Deu concertos como solista en salas ao redor de toda Europa e nos Estados Unidos, recibindo críticas moi positivas por parte de músicos e pianistas da talla de Vladimir Krainev, Dmitri Alexeev, Arcadi Volodos ou Dimitri Bashkirov entre outros.
Foi convidado por Elzbieta Penderecka para tocar no Festival de Varsovia coa Beethoven Academy Orchestra, ademais de recibir unha bolsa para participar no Festival de verán de Pommersfleden (no Weissen Castle), realizando a gravación dun concerto para piano e orquestra e varias de música de cámara para a Bayern Radio Musik. Así mesmo, foi convidado co patrocinio do Mestre Radu Lupu ao International Ruhr Piano Festival, e nos últimos dous anos acudiu ás KlavierOlymp, que se celebran anualmente no marco do festival de verán de Bad Kissigen, en Alemaña.
