Elias String Quartet
ELIAS STRING QUARTET
Sara Bitlloch, violín
Donald Grant, violín
Simone van der Giessen, viola
Marie Bitlloch, violonchelo
Cuarteto de corda en Sol Maior, Op. 54 No. 1 Franz Joseph Haydn
Tres pezas para Cuarteto de corda, K019 Igor Stravinsky
Cuarteto de corda No.14 “A morte e a doncela” Franz Schubert
O Elias String Quartet toma o seu nome do oratorio de Mendelssohn, e estableceuse como un dos cuartetos máis intensos e vibrantes da súa xeración. Formouse en 1998 no Royal Northern College of Music de Manchester, traballando co Dr. Christopher Rowland e despois na Hochschule en Colonia co cuarteto Alban Berg. Outros mentores son György Kurtág, Gábor Takács-Nagy e Henri Dutilleux.
Foi elixido New Generation Artists pola BBC e recibiu o Premio Borletti-Buitoni 2010. Actuaron nalgunhas das salas máis prestixiosas como o Carnegie Hall, Washington, Vienna Musikverein, Berlin Konzerthaus, e Concertgebouw de Amsterdam.
Na tempada 2023/24 o Cuarteto regresará ao Wigmore Hall de Londres, a súa segunda casa desde que no 2009 o cuarteto foi elixido a participar en BBC Radio “Terceira xeración de artistas”, no que tocaron a Integral de Cuartetos de Beethoven; e no que no 2018 presentaron o seu proxecto “Schumann series”. Regresarán a EE.UU e Cánada de novo para continuar coa Integral de Cuartetos de Beethoven. En España debutarán no Festival de San Sebastián, e na Sociedade de Concertos de Alacante. Anteriormente, presentáronse na Sociedade Filarmónica de Bilbao, Madrid, Sociedade Filarmónica das Palmas, Tenerife. Ademais, actuarán nos festivais máis prestixiosos como a Schubertiade, Lake District Summer Music Festival, e Bath Mozartfest.
O Elias String Quartet é un gran expoñente da música contemporánea e estreou obras de Emily Howard, Sally Beamish, Colin Matthews, Matthew Hindson e Timo Andres. En música de cámara colaboraron con Leon Fleisher, Robert Plane, Michael Collins, Ralph Kirshbaum, Ann Murray, Joan Rogers e Mark Padmore, así como co Cuarteto Jerusalem, entre outros.
O cuarteto está a construír un sólido catálogo de gravacións. Gravaron os quintetos de piano de Schumann e Dvorak con Jonathan Biss. Outras gravacións son música francesa de arpa con Sandrine Chatron, O quinteto para piano de Alexander Goehr con Daniel Becker, Cuartetos de Britten, Mendelssohn e a Integral de Cuartetos de Beethoeven para o Wigmore Hall en vivo.
