jero@eggmotion.es André Cebrián
André Cebrián, frauta
Pedro Mateo González, guitarra
Sonatina op.205 Mario Castelnuovo-Tedesco
Elegía por Cintio Vitier Leo Brouwer
El Peixet de Bloomington Feliu Gasull
Toward the Sea (Cara ó mar) Tōru Takemitsu
Historia do Tango Astor Piazzolla
Natural de Santiago de Compostela, André Cebrián é Solista de Frauta da Scottish Chamber Orchestra. Apaixonado da música de cámara, tocou en centos de Festivais por toda Europa, a maioría deles xunto ao Azar Ensemble, o Natalia Ensemble ou cun dos seus proxectos a dúo co guitarrista Pedro Mateo González, a pianista Irene Alfageme ou a arpista Bleuenn Lle Friec. A súa carreira como solista levoulle a tocar xunto a orquestras como a Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Castela e León, Orquestra da Comunidad de Madrid, Dresden Staatskapelle, Scottish Chamber, Georgian Sinfonietta ou a Filharmonia Zabrzańska. Compaxina a súa actividade concertística coa docencia no Royal Conservatoire of Scotland, a Academia Barenboim-Said e as diferentes orquestras novas ás que acode cada tempada.
Nado en Ávila, Pedro Mateo González tocou como solista con orquestras como a ORTVE, Sinfónica de Castela e León, Nacional de #Ecuador ou a Sinfónica das Illas Baleares e directores como Alejandro Bustamante, Alejandro Pousadas, Adrian Leaper ou Leo Brouwer. Realizou recitais en importantes salas de Europa, Asia e América. Tamén realizou gravacións para as Radios Nacionais de España e Alemaña, así como para as discográficas Naxos e Eudora. Gañador de importantes concursos como o 2009 Boston Guitar Fest ou o 66ª Concurso de Mocidades Musicais de España. Así mesmo é solicitado para formar parte de xurados en importantes concursos de España e Europa. Actualmente imparte estudos superiores no Centro Superior Katarina Gurska e no Conservatori Superior de Música dels Illes Balears.
O dúo de frauta e guitarra formado por André Cebrián e Pedro Mateo González formouse no 2015 cando ambos os músicos eran profesores no Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA)
