Concertos 2024
¡ ENTRADAS Á VENDA !
Elias String Quartet
O Cuarteto Elias abre o festival 2024 cun concerto no marabilloso Pazo de Fontao de Foz.
Sergey Khachatryan
O violinista armenio Sergei Khachatryan deléitanos cun recital acompañado ao piano por Lusine Khachatryan.
Nereydas en Viveiro
O grupo Nereydas ofrécenos este primeiro concerto en Viveiro cunha coidada interpretación da música de Haendel e Vivaldi.
Nereydas en Ribadeo
Segunda oportunidade de escoitar ao grupo Nereydas, neste caso no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo, baixo a batuta do seu director Javier Ulises Illán.
Musica Ficta
En conxunto Musica Ficta ofrécenos un programa con obras vicerreis dos séculos XVI e XVII na Igrexa de Santiago de Foz.
Martín García García
O pianista xixonés Marín García García ofrécenos un concerto baseado na música de Chopin.
Ruth Iniesta
Un concerto moi especial da espectacular soprano Ruth Iniesta acompañada ao piano por Javier Carmena.
Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias
A OSPA achéganos este magnífico concerto, con música de Coll, Mozart e Mendelssohn, baixo a batuta do seu director Nuno Coelho e xunto coa frautista Clara Andrada.
Katharina Konradi & Cosmos Quartet
A soprano lírica Katharina Konradi ofrécenos este espectacular concerto acompañada polo cuarteto Cosmos.
Cosmos Quartet
O cuarteto de corda no seu apoxeo, Cosmos Quartet na fortaleza do Castelo de Castrodouro en Alfoz.
André Cebrián
Neste novo proxecto discográfico, André Cebrián e Pedro Mateo González preséntannos unha selección de obras mestras do século XX escritas para frauta e guitarra.
Orquesta Sinfónica de Galicia
Pechamos o Festival 2024 co concerto da Sonfónica de Galicia, neste caso, baixo a batuta de José Miguel Pérez-Sierra xunto co violonchelista Santiago Cañón.
No event found!
Algunhas preguntas frecuentes
Abonos e entradas
Os abonos para os concertos do Festival 2024 están á venda nesta web a partir do 21 de maio de 2024. Unha vez rematada a campaña de subscrición comezará a venda de entradas individuais.
Reembolsos
Unha vez adquirida a entrada, non se modificará nin se devolverá o seu importe, salvo nos casos de cancelación do evento. Será posible, non obstante, ceder a entrada a outra persoa coñecida para que poida gozar do concerto.
Se chego tarde
Dependendo do lugar e do espectáculo, pode ou non ser posible acceder unha vez que comece. É o poder da organización permitir o acceso. Rogámosvos que acudades polo menos media hora antes de cada cita.