
Amigos da Fundación
Os amigos da Fundación Bal y Gay son o piar sobre o que construímos cada ano un novo festival e a nosa acción músico-social.
A figura de Amigo da Fundación Xesús Bal y Gay promóvese coa finalidade de incorporar a aquelas persoas físicas e xurídicas que teñan a vontade de apoiar e contribuír ao sostemento e desenvolvemento do Festival Bal y Gay, extraordinario valor cultural de toda a Mariña.
Hoxe en día, o Festival converteuse nunha referencia cultural de toda Galicia, encomiado por público e prensa grazas á súa coidada programación e a calidade de todos os eventos ofrecidos. É un vehículo imprescindible para a democratización cultural, que permite achegar propostas de excelencia a zonas rurais con difícil accesibilidade a este tipo de ciclos.
Feixe a túa achega anual e aproveita os descontos exclusivos e outras vantaxes. Máis de 70 persoas xa nos apoian desde 150€ ao ano para facer realidade ano tras ano este Festival e seguir coa acción músico-social nas escolas da Mariña.
Cada vez somos máis. Cubre o formulario para unirte aos amigos da Fundación Bal y Gay.
Rexistrar nova conta
Beneficios de amigos
- Prioridade na compra de abonos e entradas
- Invitación aos distintos actos de presentación e roldas de prensa cos directivos do Festival e os responsables políticos implicados no Festival
- Acceso ao espazo web con contido exclusivo do Festival
- Desgravación fiscal (na túa declaración do IRPF podes desgravar un 80% dos primeiros 150 € doados e un 35% dos importes adicionais)
- Agradecemento nos programas do Festival