Mariñaencanto 2026
Mariñaencanto, o proxecto socioeducativo da Fundación Bal y Gay que reúne cada ano a 220 nenos e mozos mariñáns ao redor da figura dun/a director/a coral de recoñecido prestixio, volve este ano con Josu Elberdin como director invitado.
O programa constará de tres partes, unha de coros escolares na que se interpretará un conto musical do propio Josu Elberdin chamado “O xogueteiro”. A segunda parte de coros infantís na que se interpretarán tres obras mesturando o sacro e o popular. Na terceira parte os coros xuvenís interpretarán repertorio tradicional galego e música próxima ao pop. Como remate, todos os cantantes reuniranse para facer un canto común moi especial en comuñón co público asistente
¡Agotado!
