ARCO IRIS

 

ARCO IRIS -O MUNDO SOA

Despois de cinco anos rodando os seus primeiros dous proxectos, Arco Iris volve co seu terceiro e novo espectáculo, «O mundo soa», un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas de todos os continentes do planeta terra.
O punto de partida será Andalucía xitana, descubriremos os ritmos nativos das tribos africanas, bailaremos tango en Buenos Aires e bossa nova en Brasil. Pasando por México entramos en América do Norte, onde coñeceremos a auténtica música dos Estados Unidos. A continuación deixarémonos levar polas ondas musicais de Oceanía antes de saltar á milenaria cultura chinesa coas súas afastadas sonoridades e harmonías. O árido Oriente Medio e o virtuoso folk ruso traerannos de volta á nosa querida Europa, onde volveremos gozar dalgúns dos compositores mais grandes da historia da música clásica.
Unha volta musical ao mundo
Unha experiencia inesquecible