CLASES MAXISTRAIS

Clases Maxistrais:

Impartiranse clases maxistrais tanto individuais como de cámara cos máis prestixiosos solistas nacionais e internacionais.
Para os estudantes de música é unha oportunidade única para coñecer e compartir coñecementos e experiencias cos mellores profesionais do sector. En edicións anteriores contamos con solistas das mellores orquestras do mundo como Vicente Alberola ( Malher Chamber Orchestra), Javier Martínez (Orquestra de Radio Televisión Española), Nicolás L. Naval (Orquestra Sinfónica de Galicia), Nikita Vaganov ( Orquetra do Teatro Mariinsky de San Petersburgo), Giovanni Punzi (Orquestra Nacional de Dinamarca) ou Arno Piters ( Royal Concertgebouw Orchestra de Amsterdam).
Sempre apostando por unha aprendizaxe dinámica e personalizada confórmase como un dos cursos de maior nivel interpretativo de España.
As clases maxistrais teñen un formato aberto o que significa que calquera pode gozar da experiencia e os consellos dos grandes profesores invitados.
Este ano aumentamos á especialidade de piano coa concertista e profesora Noelia Rodiles