O afecto Ilustrado

 PROGRAMA:

     Música Inglesa do seculo XVII

 

O Afecto Ilustrado nace durante o I Ciclo de Música Antiga da Catedral de Valencia no ano 2012. Concibido como un grupo de cámara innovador e versátil, a súa filosofía é presentar e achegar ao público unha interpretación historicista do repertorio comprendido entre os séculos XVII e XIX dunha forma próxima e tanxible.

​O ensemble está integrado por profesionais que despuntan no panorama musical nacional e internacional. Os seus compoñentes, activos nos principais grupos do país, na docencia, ou na carreira solista, supoñen un compendio de ideas e ópticas que converten os proxectos do Afecto Ilustrado en experiencias únicas e inspiradoras para o oínte.

​Con formatos de concerto pouco explorados, o obxectivo do Afecto Ilustrado está baseado en presentar e difundir programas dun alto nivel de calidade interpretativa, precisión histórica e respecto ás fontes orixinais, froito dun proceso detallado de estudo e investigación musical e histórica.