Cuarteto Casals

 

 

Cuarteto en Do Mayor op.33 N.3 “The Bird”-F.J. Haydn
1. Allegro moderato
2. Scherzo -Trio
3. Adagio ma non troppo
4. Finale. Rondo, Presto

 

Cuarteto N. 17 en Sib Mayor K.458 “The hunt”-W.A. Mozart
1. Allegro vivace assai
2.Menuetto and Trio Moderato
3. Adagio
4. Allegro assai

Cuarteto en Do menor op. 110- D. Shostakovich
1. Largo
2. Allegro molto
3. Allegretto
4. Largo
5.Largo

Fundado en 1997 na Escola Reina Sofía de Madrid, o Cuarteto Casals celebrou a tempada da súa XX Aniversario cun proxecto especialmente ambicioso: a integral dos 17 cuartetos de Beethoven, xunto con seis obras de encarga a compositores contemporáneos, e interpretados en cidades de Europa, Asia e América Latina, incluíndo Londres, Viena, Berlín e Tokio. O máis destacado das súas próximas tempadas inclúe o ciclo dos 10 últimos cuartetos de Mozart así como outros proxectos centrados nos compositores húngaros Bartók, Ligeti e Kurtág.

Tras gañar os primeiros premios nos concursos internacionais de Londres e de Hamburgo, o Cuarteto Casals foi convidado de maneira regular polas salas de concertos máis prestixiosas do mundo incluíndo Carnegie Hall (Nova York), Wigmore Hall (Londres), Philarmonie (Berlín), Kölner Philarmonie (Colonia), Citei da Musique (París), Schubertiade de Schwarzenberg, Concertgebouw (Ámsterdam) entre outras moitas cidades do mundo.

O Cuarteto desenvolveu unha importante produción discográfica para o selo Harmonia Mundi, formada ata o momento por 12 CDs, que inclúen un amplo repertorio que abarca desde autores menos coñecidos como Arriaga ou Toldrà ata compositores clásicos vieneses como Mozart, Haydn, Schubert e Brahms, sen esquecer grandes nomes do século XX como Debussy, Ravel e Zemlinsky. Tamén destaca a gravación en directo dunha serie de DVDs coa integral dos cuartetos de Schubert, editados por Neu Records. O Cuarteto Casals comezou en 2018 a gravación a integral dos cuartetos de Beethoven, lanzados pola discográfica Harmonia Mundi en tres entregas: Inventions a primeira, recibiu excelentes críticas, a segunda entrega Revelations sairá en 2019 e en 2020 será lanzada Aphoteosis, a última, para coincidir co 250 aniversario do nacemento do compositor.

Tras gañar o prestixioso premio da Fundación Borletti- Buitoni de Londres, o Cuarteto empezou a utilizar arcos do período barroco-clásico para interpretar a compositores desde Purcell ata Schubert, práctica que achegou ao grupo unha nova dimensión acústica que favorece aínda máis as súas exposicións das diferentes linguaxes estilísticos. O Cuarteto Casals recibiu unha profunda influencia de compositores vivos da nosa época como György Kurtág e realizou estreas mundiais de notables compositores españois da actualidade, entro os que destaca o concerto para cuarteto de corda e orquestra de Francisco Coll estreado xunto á Orquestra Nacional de España.

En recoñecemento á súa tarefa de difusión cultural, o Cuarteto Casals recibe axudas do Ministerio de Cultura, da Generalitat de Catalunyay do Institut Ramon Llull. O grupo foi recoñecido co Premio Nacional de Música(2006), o Premi Nacional de Cultura de Catalunya(2016), e o Premi Ciutat de Barcelona (2005). O Cuarteto actúa cada ano no Palacio Real de Madrid, coa extraordinaria colección de instrumentos Stradivarius, onde será residente ata o 2020.

O Cuarteto dá clases de cámara e instrumento na Escola Superior de Música de Cataluña, en Barcelona, onde residen os catro membros.