conferencia-Concerto Leonard Berstein

Esta tempada 2018-19 celébrase o centenario do compositor e director americano Leonard Bernstein, este festival dedícalle unha pequena homenaxe realizando unha charla-proxección e interpretación dalgunha obra.

A charla será realizada polo presidente da Asociación Musical Xesús Bal y Gay Enrique Rodríguez Baixeras e as obras serán interpretadas polo clarinetista Luís Cámara Palomares

 

 

 

LUIS CÁMARA PALOMARES.Natural de Bailén, comeza os seus estudos á idade de 8 anos na súa cidade natal con Manuel Mefre Gonzalez. Continúa os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música  “Andres Segovia” de Linares con Francisco Pérez Garrido e termina no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Adolfo Garcés Compans. Posteriormente, perfecciona os seus estudos con Javier Martinez García  e con Vicent Aberola   Formou parte da Nova Orquestra da Comunidad de Madrid, Orquestra de Mahler Chamber Acdemy e Orquestra do Festival de Verbier . Ademais, colaborou con orquestras como Orquestra Sinfónica de Madrid (Orquestra titular do Teatro Real), Orquestra de Radio Televisión Española, Danish National Symphony Orchestra, Malaysian Phillarmonic Orchestra, Gulbenkian Orchestra, Orquestra de Cámara Andrés Segovia, Orquestra da Comunidad de Madrid, Orquestra Sinfónica de Bilbao ou Orquestra Vigo430, entre outras. Tocou con solistas da talla de Janine Jansen, Alisa Weilerstein, Joaquin Achucarro, Gordan Nickolic, Kolja Blacher, Martin Frost, Denis Matsuev, Daniel Trifonov, Yefim Bronfman, entre outros.Desde Setembro de 2016 atópase facendo o período de proba como clarinete solista na Orquestra Sinfónica do Gran Teatro do Liceu e ao  mesmo tempo é clarinete solista da Gulbenkian  orchestrade Lisboa. Na actualidade é clarinete solista por oposición na Orquestra Sinfónica de Euskadi

 

 

 

 

Enrique Rodriguez Baixeras é presidente da Asociación Musical Xesús Bal y Gay, Pioneiro do novo cinema galego coas peliculas “O Documento”( 1974) e O cadaleito (1975) é moi afeccionado á música clásica. Vive en Nois desde hai anos e foi un dos fundadores deste Festival Bal y Gay. As súas ganas de ensinar a música clásica, para que todo o mundo goce desta arte , fixéronlle crear este Festival para que o mundo rural poida gozar da música de calidade sen saír da Mariña