Juan Ferrer

 Juan Ferrer (Montserrat, Valencia, 1968) é un dos máis polifacéticos e activos  clarinetistas españois da súa xeración e o primeiro español en formar parte dos xurados do prestixioso Concurso  Chaikovski de Moscova e do Concurso De  Ghent, en Bélxica,  Versalles  -Francia, San José -Costa Rica.. nos que ademais ofreceu recitais e clases maxistrais, un labor pedagóxico que desenvolve con alumnos de todo o mundo e en universidades e Conservatorios de Bélxica(Bruxelas) ,Rusia( Moscova),China ( Pequín),Taiwan (  Taipei),Colombia, Brasil, Paraguai,Francia, Portugal, Arxentina e España que recentemente se viu referendada pola invitación para participar como profesor para a Fundación Simón  Bolivar e  como solista  de clarinete da Orquestra Simón Bolívar, que dirixe Gustavo  Dudamel, con tres encontros anuais a partir da tempada 2017-18.
Artista de marca Buffet- Crampon París e  Vandoren París, Ferrer forma parte da OSG —da que é clarinete principal— desde 1994 aínda que a súa actividade como intérprete levoulle a ofrecer concertos por toda España, Europa e América tanto como solista como en recitais así como con grupos de cámara como o Trío  Untía, o Grupo Instrumental Século  XX ou o Quinteto de Solistas da OSG dos que é integrante.
Foi convidado habitual da Orquestra da Radio de Leipzig, Orquestra do  Liceu de Barcelona, a do Palau de lles Arts de Valencia, Orquestra Nacional de Cataluña ou a Orquestra de RTVE entre outras moitas e traballou ás ordes dalgunhas das batutas de maior prestixio:  Lorin  Maazel, Gustavo  Dudamel,Daniel  Harding,  Sir  Neville  Marriner,  Osmo  Vänska,  Guennadi  Rozdestvenski, Peter  Maag,  Dima  Slobodeniouk,  Gianandrea  Noseda, Jesús López  Cobos,   Stanislaw   Scrowaczewski,  Christoph  Eschenbach, Juanjo Mena ou Alberto  Zedda entre outros moitos.
Convidado por xurados de todo o mundo, Juan Ferrer centra o seu labor pedagóxico especialmente na Orquestra Nova OSG, Nova Orquestra Sinfónica de Euskadi e Xoven Sinfónica Nacional de Catalunya. Ademais, habitualmente imparte cursos en China, Taiwan ,España Francia, Portugal, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Bélxica, Rusia e no Encontro Internacional de Clarinete de Arxentina (Buenos Aires), ademais de participar como artista español nas cinco edicións da Academia Iberoamericana de Clarinete.
Acaba de gravar un disco co pianista Daniel do Piñeiro con obras que lle dedicaron autores de renome internacional: Salvador  Brotóns,  Karolis  Biveini.  Octavio Vázquez, Vladimir  Rosinskij e Juan Durán.
Participou como profesor no encontro internacional de clarinete de Caracas e actuado como solista coa Banda sinfónica – Simón Bolívar co Concerto nº 2 de Óscar Navarro. Tamén participou no encontro internacional de Música de Cámara de Río de Janeiro e no Congreso internacional de Clarinete de Río de Janeiro en 2014 e en 2015 ofreceu concertos de música de cámara en Suíza con Cuarteto para o fin dos tempos de  Olivier  Messiaen e o Trío de  Johannes Brahms.
Juan A. Ferrer iniciou os seus estudos musicais na Sociedade Musical de Montserrat e continuounos no Conservatorio de Valencia, onde obtivo o título de profesor de Clarinete coas máximas cualificacións (Matrícula de Honra). Cursou o grao superior no Conservatorio Joaquín Rodrigo de Valencia, tamén coas máximas cualificacións e a mención de honra por unanimidade no Premio Fin de Carrera.
Paralelamente estuda cos profesores José Vicente Herrera, Larry Passin, Andrew Marriner, Alan Damiens, Walter Boeykens, Anthony Gigliotti, Guy Deplus, Jehuda Gilad, etc.
En febreiro de 1993 foi seleccionado polo profesor Jehuda Gilad e obtivo unha bolsa para cursar estudos na Universidade do Sur de California (EEUU).
Próximos eventos: invitación como solista e profesor en Francia, Italia ,Bélxica, China, Taiwan, Portugal, Colombia; Venezuela,( profesor e solista na S Simón Bolivar  co director Christian Vasquez, Paraguai Profesor e solista coa Nacional de Paraguai) , Colombia recitais e Master class en Popayan , Bogotá, Medellín e  en España: master Class e recitais en Valencia ,Castelló, Salamanca, Coruña, Cataluña,..Bruxelas, Tielt,Concerto  de solista( concerto 2 de Óscar Navarro) coa banda sinfónica dos reis de Bélxica dirixido por Óscar Navarrojurado do Concurso Louis Cahuzac ( Versalles, paris)